A petición popular, aquí vai unha breve explicación do que, entendo eu, sucede no nadal neste país.
Para comezar, acaba o 2 de xaneiro, xa que... aquí non hai día de reis! Hai algo parecido, tamén o día 6, pero non de xaneiro, senón de decembro. É o día de San Nicolás, un tipo que reparte regalos aos nenos que se portaron ben e que castiga aos malos. Para iso, ven co seu axudante, o Zwarte Piet ("Negrito Pedrito"- que non se sabe se é negro ou está tinxido de negro polas chimeneas) que é o que fai o traballo suxo, xa que ven coa fusta e todo.
O que se lle conta aos nenos é que ven de España nun barco de vapor (eu non sei se será o ferry que sae de Santander...). Logo teñen o seu Père Noel, que lles trae regalos o día 24 á noite.
Esa noite do San Nicolás cómese unha galleta tradicional á que estou moi afeito e vou a botar de menos, os "speculoos", que ven sendo a galleta María de España, pero esa noite ten forma do Santo ou de calquera motivo navideño.
Agora mesmo estamos en pleno Nadal, case se cheira pola rúa, e se te acercas á Grand Place pola noite, podes ver un espectáculo de luz e cor. Tan embobado me quedo que nunca me acordo de facerlle fotos... realmente merece a pena o espectáculo! Aínda quen non se vexa moito, esta é a árbore de Nadal de devandita praza (aquí outra foto). Por certo, aquí deixo unha foto do Belén a tamaño natural da Grand Place e outra foto do pequerrecho mexón, que tamén se ve arroupado polos piñeiros no Nadal.
E falando de piñeiros, a nota negativa deste Nadal é a masacre que fixeron nas rúas: señais pegadas a piñeiros cortados polo pé!!!! Síntoo moito; non acredito tal acto de vandalismo, por moi navideño que sexa...
Pero como non todo é malo, sempre nos quedará o Mercado de Nadal, onde poder comprar lichis, gofres e outros doces (como non) e o sempre saboroso gluwien (viño dóce e quente), co seu toque de canela, quentiño no día frío... humm.... que se me fai a boca auga!!!! Un paseo na noria e un pouco de patinaxe sobre xeo completan unha xornada navideña en rota regra! Agora que, se fose neno, non deixaría de montar neste fantástico tiovivo... ten que ser unha pasada!
chuzame -