Arquivo de outubro de 2007

ING, o meu outro gran banco (III)

31 outubro 2007

Punto a favor para os bancos de Bélxica: o digipass

En España, polo menos nos tous bancos cos que traballo, tes unha clave de usuario e un contrasinal para manexar a túa conta pola Internet.

Aquí o sistema é diferente, xa que ti operas dende o teu ordenador... pero cun aparatiño que xenera os seus propios códigos e que se chama digipass (foto)

Se queres acceder á túa conta, ademáis da túa clave de usuario, é necesario o número de serie do teu digipass e o código que este xerere (previa inserción do teu código persoal nel) polo que me parece un sistema acertadísimo.

Manexar o diñeiro dende o teu ordenador é bastante máis sinxelo do que pode parecer, e todo gracias a este aparatiño

Chuzame! chúzame -

A cidade de cartón-pedra

29 outubro 2007

Unha cidade de pedra, ancorada no tempo, pese ao paso de centos de turistas diariamente. Así é Brujas (por certo, alguén sabe cómo se pronuncia en galego esta cidade?).

É realmente bonita, e para mostra, unha foto

Ven sendo a praza central, onde está o concello.

Nun dos restaurantes que se ven na foto  probei un dos pratos típicos deste país, algo así como un estofado de carne feito con cerveza e un azucar especial que teñen aquí, e que en galego se chamaría "carbonada a la flamenca" (o plato, non o azucar!)

O máis bonito da cidade, alén dos canáis, son os propios edificios, todos baixiños, moitos deles coloridos, e as rúas empedradas, os carros de cabalos, os chocolates que aquí teñen... buf! Sen embargo, non sei por que, recordoume a Cinecitta, xa que esta é unha cidade de cine. Parece un decorado, non unha cidade onde vivir.

E non vin a ningún nativo: todo eran turistas!

Pola tarde fumos a Gante. Esta xa parecía máis cidade (con nativos, e iso...)! Alí tomamos un refresco, demos unha volta rapidiña, comprobamos que tiñan canales e un castelo (dos condes de Flandres). Segundo un dos meus compañeiros, por dentro "é máis bonito o de Vimianzo".  Non podo opinar porque non estiven en ningún dos dous (pero si no de Monterrei!)

E a próxima cidade belga que visitemos será Amberes.

Chuzame! chúzame -

Librerías

28 outubro 2007

Esta semana, agotada case unha terceira parte da miña estancia neste país, decidín coller o touro polos cornos, ou o polbo con dous collóns, e comprar un libro para aprender francés para “debutants”. E un pequeno dicionario, tamén.

 

Sen embargo, o máis curioso foi a librería. Ou a contrastación de cómo son as librerías aquí.

Alén de ser enorme a librería na que estaba, o que máis me sorprendeu foi a cafetería que tiñan montada dentro!

Varias mesas e sillas (incluso un piano!) para poder sentarte cómodamente e pedir un café e un doce mentres les unha revista ou ollas o libro que vas a mercar.

 E, ao parecer, hai moitas librerías deste estilo.

Chuzame! chúzame -

Comida nacional?

25 outubro 2007

Din que o plato típico de Bélxica son os mexillóns con patatas fritas, pero creo que, en realidade, o plato típico é o da foto

kebabHoxe, despois de tres semanas nesta cidade, comín o primeiro Kebab (e iso que os "restaurantes" turcos en tódalas esquinas da cidade!). Estaba realmente rico, e traía as patatas fritas aparte! (aquí soen metelas entre o bocadillo).

Tamén hai algo moi interesante que é a Kefta, que son como unha clase de albóndigas. A min gústame moito, sobre todo nos "panini's"

En realidade, o interesante non foi o kebab que comín, senón que llo pedín ao paisano en francés, con salsa e para levar, e entendeume perfectamente!

Sucede que o idioma é o que peor levo desta cidade, pero prometo que hei de marchar falando un francés básico!

Chuzame! chúzame -

As bolsas (II)

24 outubro 2007

Alén das bolsas do supermercado, hai outras bolsas curiosas.

.... As da basura!

Neste país non hai "contenedores", nin verdes, nin azuis nin amarelos. Aquí a basura recóllese na porta das casas dúas veces por semana: os martes pola mañá para residuos orgánicos e o venres para orgánicos, envases e plástico.

O interesante é que se deixas unha bolsa do súper chea de basura na rúa, non cha recollen! ...

...

O misterio está nunhas curiosas bolsas de basura que utiliza todo o mundo (se queres que cha recollan, claro) e que se venden tan so no supermercado. O pack de 24 bolsas custa 2 euros e podes atopalas en calquera GB (o Carrefour español ou, como eu lle sigo chamando, Continente) ou Delhaize. As brancas son para residuos orgánicos e hai unhas amarelas e outras azuis que eu non utilizo. Non por estar en contra do medio ambiente, pero permitídeme dubidar pa profesionalidade destes belgas que, coñecéndoos, van todas as bolsas ao mesmo sitio tan so por non traballar! (si, é un comentario moi malvado pola miña parte)

O caso é que onte por fin comprei as bolsas de marras no super, e inluso comprei unha escoba (7 eurazos, carallo!) que, cando cheguei a casa, descubrín tiña mango retráctil.

Agora xa fago outra cousa máis, sacar a basura.

Chuzame! chúzame -

De bares (I)

23 outubro 2007

Xa falei sobre as comidas.

Agora tocan bebidas…

Porque, como todos saberedes, este é o paraíso das cervezas!

O curioso é que ata este momento eu so probei unhas catro ou cinco, e xa vai para tres semanas que levo aquí!

O curioso é que debe de ser unha das poucas cousas que son baratas neste país.

Cando entras a un bar, pedir a carta pode converterse en algo aterrador, como sucede no Delirium Tremens e na súa grande carta, unha encuadernación encanutillada con máis de catro dedos de grosor!!!!

Centos e centos de cervexas, e todas tan ricas…

Porque non teño pensado levar nada de cristal para aló, que se houbera traído o coche levaba un bo barril de cervexa. E trappista!

Chuzame! chúzame -

Vaia doces hai nesta cidade!

17 outubro 2007

Dende logo, do mellorciño que teño atopado nesta cidade, son os chocolates e os gofres. Dos últimos non estou tan seguro, pero dos chocolates, podo asegurar que, efectivamente, teñen ben merecida a fama de ser os mellores do mundo.

E para mostra, un botón (ou un clic!) para que vexades a miña cara de contento co primeiro chocolate belga que probei!!! (e para iso, tiveron que pasar case dúas semanas)

Non saberán comer neste país (basta con saber que a comida típica son os mexillóns cocidos con patatas fritas...) pero... mi madriña que chocolates teñen!

Aquí descubrín:

- A crema de cacao... branca

- A crema de cacao Cote d'or (si, co bo que está o chocolate, imaxinade a crema) e, a min que non me gusta o chocolate negro, a crema está boísima. Tamén me gusta moito a crema de cacao de Milka

- Os chocolates Galler (que boas barritas...)
- E a marca de chocolate por excelencia, Godiva.

E outra cousa que probei foi o mellor gofre do mundo!!!!! Ao ladiño do Manekken Piss. Sen palabras. Toda unha bomba...

Pero que doces hai nesta cidade... oxalá o transporte público fose a metade de bon.

Chuzame! chúzame -

Atomium

14 outubro 2007

Paso de descricións. Aquí as tedes.

Só quería comentar que levei unha desilusión cando o vin. Parecía moito máis pequeno do que esperaba... Creo que son a única persoa que así o pensou.

Sen embargo, cando pasei diante del por segunda vez, facéndose de noite e coas luces acesas, todo cambiou... era un espectáculo incrible!

Aquí tedes ese espctáculo

Desta maneira si que merece a pena velo (porque pola exposición "retro" que hai dentro, non ho!)

Chuzame! chúzame -

As bolsas

13 outubro 2007

Se falara dunha bolsa en concreto, non tería máis remedio que falar do sistema bancario. Si, ese lento e exasperante...

Pero é plural, son as "bolsas", que neste país, tamén funcionan de forma diferente.

Para comezar, non en todos os supermercados tes bolsas! Que chasco a primeira compra q fixen para o apartamentiño e tiven q levar as cousas nunha caixa de cartón!

E nos supermercados que teñen bolsas, podes coller bolsas pequenas por 5 centimos de euro cada unha. Por certo, curiosas bolsas, cun tacto moi moi suave e agradable, coma xugoso!

Pero o máis curioso son as bolsas grandes, que costan 10 céntimos e que... leva todo o mundo no seu bolso! I é que estas bolsas, en canto se deterioran, podes cambiala sen ningún custo por outra nova!!!

Cousas curiosas, as desta cidade. E o funcionamento das bolsas (ao que me estou acostumando) é das máis curiosas...

Chuzame! chúzame -

ING, o meu outro gran banco (II parte)

11 outubro 2007

tarxeta de créditoOu... de cómo conseguir que che den unha tarxeta de crédito:

Se despois das miñas aventuras no banco (ver en post anterior) me dixeron que volvera o mércores 10 a pola tarxeta, cal miña sorpresa ao ir ás 11:30h e comprobar... que non estaba!

Non so que non estaba, senón que ademáis, tiña que ir ás 14:00h a recollela.

Xa non sei qué pensar, se o proceso de fabricación é lento, se son tan tan tan burocráticos que todo ten que ser á súa hora ou se, para ir ao banco, hei de ir varias veces no mesmo día para que me atendan. Iso si, o funcionamento é ben sinxelo. Pero eso quedará para outro día...

Chuzame! chúzame -