Canto tempo sen actualizar!

Pois si, non é que tivera abandonada a páxina, sucede que pasaron moitas cousas e moitos días.
Hei de dicir que esta semana tiven que coller catro avións e descubrín algo moi curioso, non existe a fila 13! Fixádevos ata que punto a superstición é tan importante como para que supriman esa fila nos avións. Vaia, creo que houbera sido moito peor o feito de ter unha unha fila que se chamara 12+1.

A dor do pé segue a ser constante. De momento podo vir a traballar con relativa normalidade, pero camiñar faise difícil, sobre todo porque os obreiros de Bruxelas non deben de saber que é un "nivel"; as beirarrúas teñen uns baches que case parecen socavóns do Ave. Cando chove, as pozas poden cubrirche, se te descoidas, o pé enteiro.

Internet no meu piso segue a ter unha velocidade de cruceiro semellante á miña velocidade camiñando (aquí o concepto de tarifa plana non existe) polo que so podo utilizalo para ver correos sinxelos e pouco máis. Para unha boa velocidade de descarga hei de esperar ata que comece un novo mes (aínda 8 días).

Chuzame! chúzame -

5 Responses a “Canto tempo sen actualizar!”

  1. daf----onte [papá mode: ON] Says:

    Escríboche aquí porque así de paso que actualizas xa ves os comentarios.
    miraches de ir ó médico aí? ás veces -só ás veces- as cousas non curan soas…

    Debo deducir polo das viaxes que estiveches aquí uns días?

  2. xabimr Says:

    Si, fun de escapada-fin-de-semana a desenmorriñarme.
    Ao mellor sería bo ir ao médico, si, pero, coñecendo a estes lugareños, non sei se me amputarían o pé.
    Polo barrio no que vivo, sería máis fácil ir a ver un compoñedor!
    Agora en serio, non é fácil curar unha tendinite, recaio constantemente.

  3. beli (mamá mode: on) Says:

    Sigue os consellos de Alberto e se tal proba a non camiñar tanto, a tendinite (seino pro experiencia) require descanso e e non cargar moito sobre o pé
    aínda así en internet hai moitos que sufren o mesmo problema que ti senón compróbao nun foro:

    http://www.hispagimnasios.com/foros/archive/o_t__t_2690__tendinitis.html
    ou
    http://www.foromtb.com/showthread.php?t=24939
    ou
    http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20060710123139AAVXOsU
    Hai tantos coma ti que incluso se introduces tendinites en google aparecen 1690000 entradas, así que xa sabes somos moitos os que a sufrimos e nas zonas máis diversas
    Bicos e cuidate
    Por certo, Alberto xa ten unha copia da curta de Divertimento

  4. xabimr Says:

    a ver [resinación mode: on]
    o prediagnóstico é unha inflamación da vaina que recobre os tendóns que van aos catro dedos dos pés e unha tendinite no tendón tibial anterior.
    conclusión: movementos que non podo facer, ou que si podo facer para ver as estrelas:
    a.- flexión do pé cara arriba (parece unha tontería, pero facémolo a cada paso
    b.- impulso cara o chan (ao subir as escaleiras, ao dar impulso para dar o paso)
    c.- movementos sobre a horizontal (e coa merda de beirarrúas que hai aquí, vou de puto co)

    Recoñezo que non é a primeira vez, nin será a última, ven seguro, pero desta vez nin había mal calzado nin exercicio forte: se o único que fago nesta cidade é andar!!!!

    Cando volte a España, trauatólolo a primeira cousa, iso téñoo claro.
    A segunda cousa que teño clara, falar sobre o sistema de médicos de Bruxelas. Pero estes días teño demasidas ocupacións (aínda q pareza mentira) como para explicalo…

    Por certo, Beli, agora q te codeas con profes actores, xa sabemos quen lle pode dar unha copia de “divertimento” a Santi… ejem…. a ver que di o produtor!

  5. daf----onte [modo produtor profesional: OFF] Says:

    O que diga o produtor (coa inestimable e gran colaboración de P. S. Tilve) tanto ten! o divertido será o que lle diga Beli a Santi! “e que o vídeo estivo secuestrado pola Audiencia Provincial…” “e que lle venderamos a última copia a uns chavales a cambio duns bocatas nun momento de necesidade e custou recuperala…” A semana próxima mándolle un DVD a Beli á dirección que me dea (por mail, of course) e contigo xa falarei.

    Que te mellores!