Arquivo de decembro de 2007

“This is the end, my friend”

30 decembro 2007

...My lonely friend, the end...

Supoño que xa ían sendo horas de despedirme. De deixar cerrado este blog ata que volva a Bruxelas.

Atrás quedan 3 meses de novas experiencias, novos sensabores, novas ilusións e novos e vellos reencontros. Agora, volvo a vivir na cidade prometida,  en Santiago de Compostela.

Agora, retomo a miña vida onde a deixei. Onde me esperan os meus pavos e os meus polos, e onde o "insane" Xabi desperdiga palabras. Se queres, podes seguirme ata ese rincón.

Ata agora!

Chuzame! chúzame -

Brancura!

21 decembro 2007

Non me dera de conta, pero Bruxelas devolveume o branco nuclear da miña pel!
Atrás queda ese esperpéntico moreno que esgotara a miña pel durante a gravación do docu de cetrería.

"I've allways thought spanish were dark-skin and brown eyes and hair"... xa ves, algúns temos os ollos azuis de cor indefinido e a pel branca! viva o latin-power! E viva a cor castaña galega!

Chuzame! chúzame -

Homenaxe!

18 decembro 2007

Non quería pechar este blogue sen ensinarvos algunhas das fotos de quenes me acompañaron nesta. Esta é unha pequena homenaxe a eles, e unha forma de lembralos.

Non están todos os que son, pero son algúns dos que estiveron!

A todos eles, gracias por estos tres meses.

Por certo, non é o derradeiro post

Chuzame! chúzame -

Última noite en Bruxelas

17 decembro 2007

Como ben reza o título, esta é (ou foi, segundo o horario de lectura) a última noite nesta cidade: Bruxelas. As aventuras dun bolseiro no corazón de Europa están próximas a rematar, aínda que xa teñen un amargo sabor a despedida. Un sabor agridoce que so se pode entender coñecendo á xente que me acompañou estas dúas semanas e coñecendo esta cidade e os seu entresixos (os que me deu tempo a coñecer nestes dous meses).

Gústame Europa, gústame Bruxelas e gústame o "gheto galego" desta cidade. E por iso, tentarei voltar. É un compromiso que teño coas miñas ideas audiovisuais. É un comprimiso coa miña ética. É un comprimiso co corazón, sen abandonar (para nada) todo o que teño en Galicia, o que me está esperando e o que me queda por descubrir aló.

Esta noite durmirei tranquilo, a gusto, sabendo que foi unha experiencia áltamente positiva. Esta noite será a última. Pero como bo galego, NON SERÁ A DERRADEIRA.

Chuzame! chúzame -

Nadal Belga

12 decembro 2007

A petición popular, aquí vai unha breve explicación do que, entendo eu, sucede no nadal neste país.

Para comezar, acaba o 2 de xaneiro, xa que... aquí non hai día de reis! Hai algo parecido, tamén o día 6, pero non de xaneiro, senón de decembro. É o día de San Nicolás, un tipo que reparte regalos aos nenos que se portaron ben e que castiga aos malos. Para iso, ven co seu axudante, o Zwarte Piet ("Negrito Pedrito"- que non se sabe se é negro ou está tinxido de negro polas chimeneas) que é o que fai o traballo suxo, xa que ven coa fusta e todo.
O que se lle conta aos nenos é que ven de España nun barco de vapor (eu non sei se será o ferry que sae de Santander...). Logo teñen o seu Père Noel, que lles trae regalos o día 24 á noite.
Esa noite do San Nicolás cómese unha galleta tradicional á que estou moi afeito e vou a botar de menos, os "speculoos", que ven sendo a galleta María de España, pero esa noite ten forma do Santo ou de calquera motivo navideño.

Agora mesmo estamos en pleno Nadal, case se cheira pola rúa, e se te acercas á Grand Place pola noite, podes ver un espectáculo de luz e cor. Tan embobado me quedo que nunca me acordo de facerlle fotos... realmente merece a pena o espectáculo! Aínda quen non se vexa moito, esta é a árbore de Nadal de devandita praza (aquí outra foto). Por certo, aquí deixo unha foto do Belén a tamaño natural da Grand Place e outra foto do pequerrecho mexón, que tamén se ve arroupado polos piñeiros no Nadal.

E falando de piñeiros, a nota negativa deste Nadal é a masacre que fixeron nas rúas: señais pegadas a piñeiros cortados polo pé!!!! Síntoo moito; non acredito tal acto de vandalismo, por moi navideño que sexa...

Pero como non todo é malo, sempre nos quedará o Mercado de Nadal, onde poder comprar lichis, gofres e outros doces (como non) e o sempre saboroso gluwien (viño dóce e quente), co seu toque de canela, quentiño no día frío... humm.... que se me fai a boca auga!!!! Un paseo na noria e un pouco de patinaxe sobre xeo completan unha xornada navideña en rota regra! Agora que, se fose neno, non deixaría de montar neste fantástico tiovivo... ten que ser unha pasada!

Chuzame! chúzame -

Xa me sabe a despedida

Aínda que pareza mentira, non tiven tempo para actualizar!
Entre visitas e despedidas, van pasando as dúas semanas de decembro que me quedan aquí. De feito, d'hoxe nunha semaniña, estarei disfrutando dos praceres gastronómicos galegos e, por qué non dicilo, botando de menos outras cousas.

Chuzame! chúzame -

Unha tarde de paseo

2 decembro 2007

Pouquiño a pouco, a dor no pe vai remitindo, e podo permitirme o luxo de coxear menos.
Iso quere dicir tamén que podo pasear máis, como fixen este venres. E fun a ver a catedral de San Miguel. Alí tiven oportunidade de escoitar o órgano e os ensaios do "ensaiador"; mesmo parecía que lle estaba a poñer a banda sonora a unha película de cine mudo!
Pero o que máis me sorprendeu foi a exposición de Beléns multicultural que aló había. Comezarei co produto "nacional", o Belén español. Estaba moi ben feitiño, tanto, que ata me atrevín a facerlle máis dunha foto. Sen embargo, cando me acerquei aos dous señoriños que alí estaban retocando para dicirlles "os ha quedado muy bonito" gañeime unha mirada de desprezo. Estame ben por falar castelán. Ala.
Sen embargo, había dous beléns que me chamaron poderosamente a atención: o africano e o hawaiano. Fixádevos na luminosidade e nas cores claras empregadas no belén africano... e a sinxeleza e conceptualismo que xira en torno ao hawaiano. Non sei por que, lembroume á excesiva importancia que lle dan os sudamericanos aos símbolos; ver cómo se impregnan certos trazos culturais (que a veces se converten en tópicos) sobre crenzas impostas ou estranxeiras.
Curioso, cando menos.

Pero, sen dúbida, tamén vin cousas gastronomicamente máis explosivas, como estas tremendas fresazas bañadas en chocolate branco... que pracer para o gusto!!! Cánto vou a botar de menos este país nese sentido!!!

Logo, unha voltiña polo mercado de nadal, onde vin algo moi curioso, a gravación (ou emisión en directo, non podo aseguralo porque non tiña televisión diante) de televentas de nadal, en plena rúa, e co público e a noria de fondo. Unha noria que, non lle desmerece nada ao do Apóstolo (síntoo por vós, santiagueses...) . De verdade que foi supercuriosa a gravación!

Quedei coas ganas (inmensas ganas) de patinar sobre a pista de xeo que está aberta ata xaneiro... oxalá o meu pe cure prontiño, porque teño moitas, moitas, moitas ganas de patinar sobre xeo... !!!
E, como curiosidade, aquí vos deixo unha "coñecida" marca: saberíades dicir a qué vos recorda???

Chuzame! chúzame -