Unha tarde de paseo
Pouquiño a pouco, a dor no pe vai remitindo, e podo permitirme o luxo de coxear menos.
Iso quere dicir tamén que podo pasear máis, como fixen este venres. E fun a ver a catedral de San Miguel. Alí tiven oportunidade de escoitar o órgano e os ensaios do "ensaiador"; mesmo parecía que lle estaba a poñer a banda sonora a unha película de cine mudo!
Pero o que máis me sorprendeu foi a exposición de Beléns multicultural que aló había. Comezarei co produto "nacional", o Belén español. Estaba moi ben feitiño, tanto, que ata me atrevín a facerlle máis dunha foto. Sen embargo, cando me acerquei aos dous señoriños que alí estaban retocando para dicirlles "os ha quedado muy bonito" gañeime unha mirada de desprezo. Estame ben por falar castelán. Ala.
Sen embargo, había dous beléns que me chamaron poderosamente a atención: o africano e o hawaiano. Fixádevos na luminosidade e nas cores claras empregadas no belén africano... e a sinxeleza e conceptualismo que xira en torno ao hawaiano. Non sei por que, lembroume á excesiva importancia que lle dan os sudamericanos aos símbolos; ver cómo se impregnan certos trazos culturais (que a veces se converten en tópicos) sobre crenzas impostas ou estranxeiras.
Curioso, cando menos.
Pero, sen dúbida, tamén vin cousas gastronomicamente máis explosivas, como estas tremendas fresazas bañadas en chocolate branco... que pracer para o gusto!!! Cánto vou a botar de menos este país nese sentido!!!
Logo, unha voltiña polo mercado de nadal, onde vin algo moi curioso, a gravación (ou emisión en directo, non podo aseguralo porque non tiña televisión diante) de televentas de nadal, en plena rúa, e co público e a noria de fondo. Unha noria que, non lle desmerece nada ao do Apóstolo (síntoo por vós, santiagueses...) . De verdade que foi supercuriosa a gravación!
Quedei coas ganas (inmensas ganas) de patinar sobre a pista de xeo que está aberta ata xaneiro... oxalá o meu pe cure prontiño, porque teño moitas, moitas, moitas ganas de patinar sobre xeo... !!!
E, como curiosidade, aquí vos deixo unha "coñecida" marca: saberíades dicir a qué vos recorda???
chúzame -
decembro 11th, 2007 at 2:54 pm
Menudas Fresas!!!!
Lástima non fagan aquí desas. Pero o da Fondue non vai caer en saco roto!