Nadal Belga

A petición popular, aquí vai unha breve explicación do que, entendo eu, sucede no nadal neste país.

Para comezar, acaba o 2 de xaneiro, xa que... aquí non hai día de reis! Hai algo parecido, tamén o día 6, pero non de xaneiro, senón de decembro. É o día de San Nicolás, un tipo que reparte regalos aos nenos que se portaron ben e que castiga aos malos. Para iso, ven co seu axudante, o Zwarte Piet ("Negrito Pedrito"- que non se sabe se é negro ou está tinxido de negro polas chimeneas) que é o que fai o traballo suxo, xa que ven coa fusta e todo.
O que se lle conta aos nenos é que ven de España nun barco de vapor (eu non sei se será o ferry que sae de Santander...). Logo teñen o seu Père Noel, que lles trae regalos o día 24 á noite.
Esa noite do San Nicolás cómese unha galleta tradicional á que estou moi afeito e vou a botar de menos, os "speculoos", que ven sendo a galleta María de España, pero esa noite ten forma do Santo ou de calquera motivo navideño.

Agora mesmo estamos en pleno Nadal, case se cheira pola rúa, e se te acercas á Grand Place pola noite, podes ver un espectáculo de luz e cor. Tan embobado me quedo que nunca me acordo de facerlle fotos... realmente merece a pena o espectáculo! Aínda quen non se vexa moito, esta é a árbore de Nadal de devandita praza (aquí outra foto). Por certo, aquí deixo unha foto do Belén a tamaño natural da Grand Place e outra foto do pequerrecho mexón, que tamén se ve arroupado polos piñeiros no Nadal.

E falando de piñeiros, a nota negativa deste Nadal é a masacre que fixeron nas rúas: señais pegadas a piñeiros cortados polo pé!!!! Síntoo moito; non acredito tal acto de vandalismo, por moi navideño que sexa...

Pero como non todo é malo, sempre nos quedará o Mercado de Nadal, onde poder comprar lichis, gofres e outros doces (como non) e o sempre saboroso gluwien (viño dóce e quente), co seu toque de canela, quentiño no día frío... humm.... que se me fai a boca auga!!!! Un paseo na noria e un pouco de patinaxe sobre xeo completan unha xornada navideña en rota regra! Agora que, se fose neno, non deixaría de montar neste fantástico tiovivo... ten que ser unha pasada!

Chuzame! chúzame -

2 Responses a “Nadal Belga”

  1. daf-----onte Says:

    A pesar de que non se ve moi ben o carrusel ten unha pinta bárbara… esa máquina voadora parece sacada dunha película.

  2. Telle Says:

    A verdade é que tiña unha pinta marabillosa! Unha máquina voadora, un home con alas, un peixe mecánico…. Parecían sacados do duns bocetos de Leonardo Davinci…

    O que non sei como o aceptarán os nenos, porque a verdade colorista como os carruseis de Disney non é.

Leave a Reply