Aquí, nesta cidade, xa teño conta bancaria, e non é nin máis nin menos que no ING (ollo, que non ING direct!), como diría Matías Prats (a quen, por certo, vimos na T4 de Barajas) "o teu outro gran banco, e cada día o de máis xente". Efectivamente, aquí é o banco de moita xente, pero teñen moitas, moitas oficinas. Xa explicarei con detalle como funciona todo, pero coido que hoxe o que quería contar é... cómo abrin a conta e fixen a miña primeira transferencia bancaria!
Luns 9:30h - Vamos ao ING que está ao lado da oficina (home, non queda nada lexos!) e pedimos abrir unha conta, así que, moi amablemente, nos deu unha cita para o día seguinte, iso si, a escoller a hora...
Martes 10:00h - Chegamos ao banco e amablemente nos atende"mesié" Dauphin e un rapaciño que parecía estaba a facer prácticas. En serio, SUPERAMABLES, así que, aínda que nos cobraran comisión de apertura e de cancelamento, abrimos a conta. O mércores seguinte iremos a buscar a tarxeta que, segundo nos din, vale para todo. O que xa nos deron onte foi un "digipad" que é coma unha eurocalculadora so que vale para ir facendo operacións por internet.
Mércores 10:30 - Agora que xa temos conta, xa podemos facer operacións. E a primeira que nos piden é unha tranferencia bancaria para pechar o tema da habitación que imos a alugar (ollo, isto é porque non puidemos arranxar doutra maneira, tanto a visa do meu compañeiro como a miña mastercard eran inválidas). Non é posible facer unha transferencia a unha conta en metálico se non tes conta noutro banco así que a operación que fixemos foi ingresar na nosa conta e, Á MEDIA HORA, NON ANTES, facer a transferencia ao outro número de conta.
Seguirán as miñas aventuras no banco...