Comida nacional?
25 outubro 2007Din que o plato típico de Bélxica son os mexillóns con patatas fritas, pero creo que, en realidade, o plato típico é o da foto
Hoxe, despois de tres semanas nesta cidade, comín o primeiro Kebab (e iso que os "restaurantes" turcos en tódalas esquinas da cidade!). Estaba realmente rico, e traía as patatas fritas aparte! (aquí soen metelas entre o bocadillo).
Tamén hai algo moi interesante que é a Kefta, que son como unha clase de albóndigas. A min gústame moito, sobre todo nos "panini's"
En realidade, o interesante non foi o kebab que comín, senón que llo pedín ao paisano en francés, con salsa e para levar, e entendeume perfectamente!
Sucede que o idioma é o que peor levo desta cidade, pero prometo que hei de marchar falando un francés básico!
chúzame -