Arquivo de 'compras'

Librerías

28 outubro 2007

Esta semana, agotada case unha terceira parte da miña estancia neste país, decidín coller o touro polos cornos, ou o polbo con dous collóns, e comprar un libro para aprender francés para “debutants”. E un pequeno dicionario, tamén.

 

Sen embargo, o máis curioso foi a librería. Ou a contrastación de cómo son as librerías aquí.

Alén de ser enorme a librería na que estaba, o que máis me sorprendeu foi a cafetería que tiñan montada dentro!

Varias mesas e sillas (incluso un piano!) para poder sentarte cómodamente e pedir un café e un doce mentres les unha revista ou ollas o libro que vas a mercar.

 E, ao parecer, hai moitas librerías deste estilo.

Chuzame! chúzame -

As bolsas (II)

24 outubro 2007

Alén das bolsas do supermercado, hai outras bolsas curiosas.

.... As da basura!

Neste país non hai "contenedores", nin verdes, nin azuis nin amarelos. Aquí a basura recóllese na porta das casas dúas veces por semana: os martes pola mañá para residuos orgánicos e o venres para orgánicos, envases e plástico.

O interesante é que se deixas unha bolsa do súper chea de basura na rúa, non cha recollen! ...

...

O misterio está nunhas curiosas bolsas de basura que utiliza todo o mundo (se queres que cha recollan, claro) e que se venden tan so no supermercado. O pack de 24 bolsas custa 2 euros e podes atopalas en calquera GB (o Carrefour español ou, como eu lle sigo chamando, Continente) ou Delhaize. As brancas son para residuos orgánicos e hai unhas amarelas e outras azuis que eu non utilizo. Non por estar en contra do medio ambiente, pero permitídeme dubidar pa profesionalidade destes belgas que, coñecéndoos, van todas as bolsas ao mesmo sitio tan so por non traballar! (si, é un comentario moi malvado pola miña parte)

O caso é que onte por fin comprei as bolsas de marras no super, e inluso comprei unha escoba (7 eurazos, carallo!) que, cando cheguei a casa, descubrín tiña mango retráctil.

Agora xa fago outra cousa máis, sacar a basura.

Chuzame! chúzame -

As bolsas

13 outubro 2007

Se falara dunha bolsa en concreto, non tería máis remedio que falar do sistema bancario. Si, ese lento e exasperante...

Pero é plural, son as "bolsas", que neste país, tamén funcionan de forma diferente.

Para comezar, non en todos os supermercados tes bolsas! Que chasco a primeira compra q fixen para o apartamentiño e tiven q levar as cousas nunha caixa de cartón!

E nos supermercados que teñen bolsas, podes coller bolsas pequenas por 5 centimos de euro cada unha. Por certo, curiosas bolsas, cun tacto moi moi suave e agradable, coma xugoso!

Pero o máis curioso son as bolsas grandes, que costan 10 céntimos e que... leva todo o mundo no seu bolso! I é que estas bolsas, en canto se deterioran, podes cambiala sen ningún custo por outra nova!!!

Cousas curiosas, as desta cidade. E o funcionamento das bolsas (ao que me estou acostumando) é das máis curiosas...

Chuzame! chúzame -

No supermercado…

7 outubro 2007

logotipo DelhaizeNos supermercados belgas pasa unha cousa moi curiosa: sempre hai colas. Sempre.

Sucede neste país que os caixeiros e caixeiras fuxen constantemente do estrés evitando ser rápidos e áxiles. Así, sempre se toman o seu tempiño en pasar cada un dos produtos e esperan pacientemente a que cada un dos clientes teña embolsadas as cousas (porque, iso si, ningún caixeiro che axuda).

É certo que, cando estás embolsando todo, isto evita a presión de ter que separar entre as túas cousas e as do seguinte cliente, pero, cando estás na cola, pode ser desesperante.

O logotipo aquí presente é o dos supermercados Delhaize, que non están mal, pero que son un pouquichiño caros. Pola contra, sempre podes ir aos GB, que os comprou Carrefour e nos que podes atopar a gama blanca desta marca.

Para ir ao banco, paciencia. Para ir ao super, máis paciencia. Se é que neste país todos son un pouco lentos (menos para conducir, xa falarei sobre isto!), aínda que, iso si, ás 18:00h ou 19:00h (son menos os casos) pecha todo!!!

Chuzame! chúzame -