Arquivo de 'durmir'

Polo menos non durmo na rúa (II)

6 novembro 2007

É hora de falar da "casa de tócame Roque", é dicir, o hostal!

Se mal non recordo, foron catro noites que pasamos aló; catro noites nas que durmimos en catro habitacións diferentes, con 5, 9 e 13 persoas máis, respectivamente.

Catro noites nas que, evidentemente, a taxa de excavadoras, chimpíns e tractores de recollida de alpacas, se respectou ou incluso se sobrepasou sobremaneira (ata tal punto de cuestionarme se era eu o que estaba roncando, porque non me daban as contas!!!)

As habitacións estaban nun piso, os baños noutro diferente e as maletas na entrada... así que imaxinade as peripecias que facíamos: chegar ao hostal pola tarde, pedir a chave dese día, recoller a roupa do día seguinte e de aseo, ir a unha habitación, despois a un baño, logo á habitación de novo, abrir a taquilla, pechar a taquilla, baixar de novo á maleta, ir ao salón e cear tranquilos... e seguir buscando piso!
E todos os días igual! Creo que o que máis botei de menos foi o feito de non ter intimidade ningunha durate 4 días, nin sequera ao durmir.

O único que compensou a estancia alí foi a experiencia (nova, e única en si mesma) e o rexente do hostal, un belga namorado de España, sobre todo da España mediterránea, e a quen lle debemos unha visita de despedida antes de marchar.

É unha pena que non lle sacara ningunha foto...

Chuzame! chúzame -

Instalándome

3 outubro 2007

Xa estou instalándome na miña habitación, ou no meu apartamentiño ou o que sexa. Está na Place Colignon, a praza do concello de Schaerbeck (concello onde está a fundación). É certo que non é a mellor zona de Bruxelas, pero a praza é tan bonita...

Teño para min un salón cunha habitación a dobre altura, e tamén unha cociña e un baño aos que teño acceso mediante o pasillo-rellano do último piso da casa.

Todo xenial! Realmente xenial... O caseiro é moi moi agradable e xa estivemos falando sobre as normas básicas de comportamento (limpeza, ruidos...) e sobre a miña estancia aquí. Eu coido que, despois de ver o piso, non é tan caro... a ver cómo se da a miña estancia!

O que máis me sorprende das construccións, non máis de catro ou cinco pisos, e son moi habituais as diferentes alturas nos edificios, así coma os salóns ao lado da entrada da rúa. Despois de ver tantos pisos, algo tiña que ver sobre a cidade por dentro. E a construcción é unha particularidade.

É unha cidade grande, pero pódese recorrer a pé. Iso si, con calma...

Chuzame! chúzame -

Polo menos non durmo na rúa

30 setembro 2007

Chegamos onte pola tarde a Bruxelas. Por sorte para min, e como o mundo é un pano, o rapaz que ía comigo... pois xa me coñecía! (duna cea!!!!!) a outra rapaza que viña connosco non nos coñecía, pero logo formamos un grupo!

E, á nosa chegada, estaba a esperarnos outro rapaz que... xa coñecía. Esta vez, do doutoramento. A verdade é que foi moi, moi agradable. Veunos buscar e atopounos un hostal. Hostal que ben merecería chamarse "casa de tócame roque", pero... bueno, que se chama 2go4hostel. Habería mil historias que contar deste hostal, pero coido que non é o momento nin o lugar, xa que aínda non teño piso no que asentarme!!!!

Iso si, como ben digo, polo menos non durmo na rúa (pero...xa contarei como vai o tema do Hostel)

Chuzame! chúzame -