O ocio no fogar
6 novembro 2007"Condenado" por 4ª vez no que vai de ano, o meu pé esquerdo obrígame a pasar unhas horas (continuadas) sen poderme mover, así que terei que gozar do pouco que me queda no meu apartaestudio para pasar o rato:
Internet: a única forma de seguir estando na onda do que pasa na miña terra é esta, a Internet. Menos mal que Chuza! e Menéame! son internacioais, e que Muchachada Nui tamén está no Youtube... de todas formas, aquí no apartaestudio hei de racionar o consumo, xa que o sistema de conexión é un tantiño diferente. Según teño entendido (pero non podo afirmalo con rotundidade) aquí tes, dependendo do que pagues, unha cuota de consumo de tantos "megas" ao mes, e cando a acadas, a conexión vólvese tan lenta como puideron ser as conexións con modem's de 28kbps (cousa q non entendo, por máis que o penso non o entendo) Iso si, como maneira de frear os programas P2P, non ten prezo!
Televisión: Bélxica presume de ter a televisión por cable máis estendida do mundo. É certo: a taxa sobrepasa o 90%. A nivel de contidos, recoñezo que están por riba do nivel das televisións españolas. A súa programación vertical está tamén estruturada en torno ao horario de traballo (aínda que non entendo os espazos tipo "la tienda en casa" nalgunha canle ás tres da tarde). Gústame que todo sexa máis cedo que en España, xa que ver programas de prime time e incluso late night non quitan (ou apenas o fan) horas de sono. (Nota mental: debería falar so sobre a televisión noutro post, xa que é unha cuestión a desenvolver longo e tendido).
A nivel técnico... madre mía, canto poderían aprender das televisións españolas e (sobre todo) das italianas! Na vida vira un debate en prime con 4 cámaras (master para encuadre de foto, e 3 para planos cortos dos debatentes), sen vtr's, nin colas nin intervencións telefónicas nin nada! Esa é a televisión dos 70!!!
Acostumado ao ritmo visual da "xeración do videoclip", creo que esta televisión, en parte, se antolla aburrida. Xa comentarei, noutro post, que é o que máis me gusta e o que menos
Aparellos de ocio portátil: aínda que boto de menos a WII, sempre me acompaña a PSP, para botar unhas apaixoantes carreiras ao F12006, e, dende hai algo menos dun mes, o meu Ipod nano, que no transporte público de Bruxelas me transporta ao fantástico mundo da música.
E Casiopea, o meu portátil, que tantas alegrías e disgustos me ten dado durante 4 anos, e que todos os día me ensina de novo que a técnica, como berraba a Escola de Frankfurt, non é neutral.
chúzame -