Arquivo de 'turismo'

A cidade de cartón-pedra

29 outubro 2007

Unha cidade de pedra, ancorada no tempo, pese ao paso de centos de turistas diariamente. Así é Brujas (por certo, alguén sabe cómo se pronuncia en galego esta cidade?).

É realmente bonita, e para mostra, unha foto

Ven sendo a praza central, onde está o concello.

Nun dos restaurantes que se ven na foto  probei un dos pratos típicos deste país, algo así como un estofado de carne feito con cerveza e un azucar especial que teñen aquí, e que en galego se chamaría "carbonada a la flamenca" (o plato, non o azucar!)

O máis bonito da cidade, alén dos canáis, son os propios edificios, todos baixiños, moitos deles coloridos, e as rúas empedradas, os carros de cabalos, os chocolates que aquí teñen... buf! Sen embargo, non sei por que, recordoume a Cinecitta, xa que esta é unha cidade de cine. Parece un decorado, non unha cidade onde vivir.

E non vin a ningún nativo: todo eran turistas!

Pola tarde fumos a Gante. Esta xa parecía máis cidade (con nativos, e iso...)! Alí tomamos un refresco, demos unha volta rapidiña, comprobamos que tiñan canales e un castelo (dos condes de Flandres). Segundo un dos meus compañeiros, por dentro "é máis bonito o de Vimianzo".  Non podo opinar porque non estiven en ningún dos dous (pero si no de Monterrei!)

E a próxima cidade belga que visitemos será Amberes.

Chuzame! chúzame -

Atomium

14 outubro 2007

Paso de descricións. Aquí as tedes.

Só quería comentar que levei unha desilusión cando o vin. Parecía moito máis pequeno do que esperaba... Creo que son a única persoa que así o pensou.

Sen embargo, cando pasei diante del por segunda vez, facéndose de noite e coas luces acesas, todo cambiou... era un espectáculo incrible!

Aquí tedes ese espctáculo

Desta maneira si que merece a pena velo (porque pola exposición "retro" que hai dentro, non ho!)

Chuzame! chúzame -

Esa cousiña pequena…

8 outubro 2007

Esta é a máis que probable primeira impresión que levedes se algún día vedes en persoa o Manneken Piss, porque verdadeiramente é pequeno!

Pequeno demáis diría eu, pero... claro, é un neno...

Está nunha das esquinas que está preto da Grand Place, e ao lado da que din é a mellor gofrería de toda Bruxelas (o gofre, con toda a razón do mundo, debe de ser aquí coma o deporta nacional)

En canto á historia, creo que non fai falla contala, seguro que todos a coñecedes, pero en todo caso, aquí tedes o enlace por se vos aburrides (merece a pena)

Por certo, se alguén sabe como se suben imaxes a blogaliza (imaxes que non estén aloxadas en internet) que me avise, que xa me estou a cansar de tanto flikr...)

Chuzame! chúzame -