Seguro que Aqueles que me coñecen, saben da miña especial predilección polos asuntos políticos (teña ou non teña idea profunda deles) e a tentar ser, nas máis das veces, o avogado das causas perdidas…
Vale, non ven a conto, pero necesitaba unha escusa para falar de política neste blog. Como non, de política belga, xa que lía esta mañá no independent o seguinte titular:
“Belgium on the brink as talks collapse“
Bélxica é un país formado por dúas “etnias, culturas ou chámalle X” ben diferenciadas: os Flamencos (duchtspeakers, 10 millóns de persoas, aprox) e os Valóns (francófonos, sobre uns 4 millóns), que centran na súa diferencia lingüística o seu principal escollo diferencial.
Lenvan xa máis de 5 meses sen formar un goberno de coalición, xa que nas pasadas eleccións, que gañaron os flamencos, estes esixoron unhas determinadas condicións que romperían o Estado tal como se entende (competencias en sanidade, tributarias e non sei cales máis…). Non se separan de feito porque… porque hai algo que as une: Bruxelas!

Bruxelas é un prezado pastel que queren ambas partes: está na zona flamenca pero é maioritariamente francófona, i é, ademáis, o único condado estrictamente biligüe (si, bilingüe, ata tal punto de que calquera posto de traballo require alto novel de francés e holandés. Bilingüe, e máis ca Galicia…)
Ante esta situación, lin xa noutros xornais que as solucións que se plantexan son:
Flandres: que se independice, ou que se anexione a Holanda (menos viable)
Valonia: que se independice, ou que se anexione a Francia (pouco probable) ou inlcuso a Luxemburgo (menos improbable)!
Bruxelas: que funcione coma “a capital europea”, un distrito autónomo, independente, tipo Washington D.C. A pregunta é: está a UE preparada para isto? Para o funcionamento de Bruxelas como algo autónomo?
Como cidadán galego-español (esto non vai con segundas interpretacións…) o que máis sorprendente me resulta desta situación é… a calma coa que prosigue a vida diaria neste país. Aquí non hai prensa-alarmista coma en España, aquí a xente continúa a súa vida diaria! É certo, coma comentaba onte co meu caseiro, que todos están preocupados polo cariz que están tomando as cousas, xa que a situación cada día está máis lonxe de solucionarse, pero que a vida política, aínda que intensa, non se levaba ao terreo persoal.
Asústame pensar que en España, nestes intres, aínda haxa un sector moi importante da política que manteña a “teoría da conspiración” con respecto aos atentados do 11-M.
E aústame pensar qué sucedería en España se en Cataluña, Euskadi ou Galicia (Paísos Cataláns, Euskal Herría ou Galiza, como prefirades) os nacionalistas “barresen” nas eleccións e tentasen asumir as competencias tributarias e de xustiza de tal maneira que o Estado español deixase de ser coma se entende hoxe. Asústame pensalo non polo que sucedería nestas rexións, senón pola reacción do resto do Estado, do (ancorado) nacionalismo español ou dos catrastofistas medios polítizados de comunicación que temos.
Neste sentido, Bélxica (entendida coma os seus cidadáns) gaña por goleada. É unha cuestión de madurez política. Madurez que boto de menos en España
Acepto comentarios (constructivos)
chúzame -